Mapa TIC gal
O Mapa TIC gal é un punto de encontro virtual entre a oferta e a demanda TIC de Galicia, que ofrece un catálogo dos provedores TIC galegos e das súas solucións, e proporciona diversos servizos para os seus usuarios. O enderezo web do Mapa TIC de Galicia é https://cdtic.xunta.es/mapatic/.
Obxectivos:
O Mapa TIC ten como obxectivos principais axudar aos provedores TIC de Galicia na comercialización dos seus produtos e servizos e axudar ás empresas deste sector na adquisición das solucións TIC que poidan mellorar a súa competitividade.
Entre os obxectivos específicos inclúense:
Mellorar a visibilidade dos provedores, as solucións e as capacidades tecnolóxicas de Galicia. Facilitar a transferencia de tecnoloxía e de coñecemento dentro do sector TIC e entre este e o resto dos sectores empresariais. Potenciar a competitividade do sector TIC galego. Canalizar a oferta e a demanda das empresas. Promover oportunidades de negocio TIC locais. Facilitar a identificación de provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia.
Participación e vantaxes dos provedores TIC
Os provedores que se rexistren no Mapa TIC poden publicar as súas ofertas tecnolóxicas e poden responder as demandas de solucións que lles formulen os posibles compradores.
Os beneficios que poden obter os provedores do Mapa TIC son os seguintes:
Visibilidade da súa empresa: produtos e servizos, capacidades, proxectos realizados etc. Coñecemento dos potenciais demandantes das súas solucións tecnolóxicas. Oportunidades de negocio e colaboración locais con posibles demandantes de tecnoloxía ou outros provedores TIC galegos. Posibilidades de innovación desenvolvendo novos produtos e servizos adaptados ás necesidades tecnolóxicas do mercado galego. Apertura de canles de comunicación cos demandantes que publiquen necesidades tecnolóxicas nas que estean interesados. Coñecemento doutros provedores que estean especializados en tecnoloxías de interese ou que poidan ser colaboradores o competidores. Participación nas actividades organizadas polo CDTIC. Realización de demostracións prácticas das súas solucións. Contacto directo con posibles demandantes ou colaboradores.
Participación e vantaxes das empresas demandantes de tecnoloxía
As pemes e autónomos que se rexistren no Mapa TIC poden publicar as súas demandas tecnolóxicas para recibir as ofertas dos provedores existentes.
Os beneficios que poden obter os demandantes de tecnoloxías do Mapa TIC son os seguintes:
Acceso a información detallada e actualizada dos provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia, a través dun único punto de entrada á información. Identificación do provedor tecnolóxico máis próximo e da solución tecnolóxica que mellor se adapte ás necesidades reais do seu negocio. Apertura de canles de comunicación cos provedores tecnolóxicos que amosen interese nas demandas tecnolóxicas publicadas. Coñecemento das solucións tecnolóxicas máis innovadoras para o seu sector de actividade e o seu grao de implantación. Coñecemento doutras empresas reais que supoñan casos de éxito de implantación de novas tecnoloxías. Comparación de varias solucións tecnolóxicas: prezos, utilidades para o negocio, número de veces que foi implantada, casos de éxito etc. Mellora da comprensión e o coñecemento relativos ás novas tecnoloxías, a través dun glosario tecnolóxico, cunha linguaxe sinxela e un enfoque práctico.