Fogar dixital

Fogar dixital

fogar dixital consiste nunha vivenda coa infraestrutura, equipamentos e servizos necesarios para atender as necesidades dunha familia en materia de seguridade, control enerxético, asistencia no fogar e comunicación.

Funcionalidades do fogar dixital

Un fogar dixital permite mellorar a autonomía e calidade de vida da cidadanía en xeral e, en particular, das persoas con algún tipo de dependencia, como o colectivo da terceira idade, as persoas con discapacidade ou as persoas enfermas crónicas, pondo á súa disposición servizos avanzados: educativos, asistenciais, de aforro enerxético, de lecer, de información etc.

Neste sentido, a Xunta elaborou o programa de actuacións para o impulso do fogar dixital, contribuíndo así á promoción, difusión e desenvolvemento deste na nosa comunidade. Dentro destas iniciativas cómpre destacar a elaboración daGuía práctica para a implantación do fogar e o edificio dixital.

Esta guía analiza as posibilidades que ofrece o fogar dixital e establece as súas bases e pautas de actuación, recollendo a información precisa, en termos técnicos e funcionais, para a súa definición e implantación con éxito.

Representación esquemática do fogar dixital