Xornadas formativas de sensibilización en materia de Ciberseguridade
A Rede CeMIT busca baixo o lema “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” búscase sensibilizar á cidadanía, especialmente, ao colectivo de persoas maiores sobre o uso seguro da tecnoloxía e ofrecer solucións fáciles para aplicar no seu día a día
As sesións formativas estenderase ata o mes de maio baixo o lema “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” e desenvolveranse de xeito presencial nas aulas CeMIT de 23 concellos de toda Galicia.
O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de Celanova, Castrelo de Miño, Ribadeo, Pontevedra, Santa Comba, Valga, Vigo, Cuntis, A Fonsagrada, Poio, Brión, A Coruña, Ribeira, Vimianzo, Cerceda, Boiro, Quiroga, Campo Lameiro, O Vicedo, Guitiriz, Fisterra, Ortigueira e Leiro.
Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas.
Calendario de charlas