Xornada sobre a adaptación da Lei de Protección de Datos ao Regulamento Europeo
Descrición:
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organizan a “Xornada sobre a adaptación da Lei de Protección de Datos ao Regulamento Europeo”, que contará cos relatores Miguel Ángel Davara, catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia Comillas de Madrid (ICAI-ICADE), e Mar España Martí, directora da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acollerá o vindeiro 29 de setembro as charlas, que van dirixidas tanto a non xuristas como a profesionais relacionados co Dereito. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse en eventos@cpeig.gal.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Horario: 10:30 a 14:00 horas
Programa:
- 10.30 H. Miguel Ángel Davara, catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia Comillas de Madrid (ICAI-ICADE)
- Introdución
- Como chegamos ata aquí
- Localización de persoas e obxectos
- Razón de ser do Regulamento Europeo: Obxectivos
- O Regulamento Xeral de Protección de Datos
- O Regulamento nos actos xurídicos da UE
- Obxectivo do Regulamento: reforzar o dereito fundamental á protección de datos.
- Contido do Regulamento
- A exposición de motivos
- Considerandos de interese
- Cuestións a destacar do articulado
- Disposicións finais
- Contido do Regulamento
- Introdución
- 13.30 H. Mar España Martí, directora Agencia Española de Protección de Datos (AEPD)
- “Nova Lei de Protección de Datos”
- 14.00 H Clausura da xornada.
- Directora da Amtega, Mar Pereira
- Presidente do CPEIG, Fernando Suárez
Para consultar máis información sobre o evento, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-e-o-cpeig-organizan-a-xornada-sob...)