Xornada: Oportunidades e retos das redes 5G

Mércores 27 de Xuño de 2018

Xornada: Oportunidades e retos das redes 5G

As 5G están a dar os seus primeiros pasos e espérase que nos próximos anos o seu despregamento sexa xa unha realidade converténdose nunha infraestrutura básica para a transformación dixital xunto con outras tendencias como o big data, a intelixencia artificial ou a internet das cousas.
Oportunidades e retos das redes 5G articúlase como un foro de debate en torno ao marco no que se desenvolverán as redes 5G, o impacto que terán estas redes na sociedade galega, os retos para a súa implantación e o potencial do hipersector TIC galego para situarse neste contexto tecnolóxico emerxente.

Centro: Sala de convencións - Edificio CINC da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Data: 27 de xuño de 2018
Tipoloxía: Xornada demostradora
Dirixido a: Profesionais de entidades públicas e privadas de sectores de actividade, onde o 5G actuará como tecnoloxía habilitadora
Organiza: Amtega, Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
Horario: 10:00-17:30
Número total de horas: 7,5
 

Para consultar máis información e inscribirse ao evento, prema aquí  (https://cdtic.xunta.gal/oportunidades5g)

Mércores 27 de Xuño de 2018