Xestión práctica das vendas dunha empresa comercial: Odoo vendas

Martes 15 de Marzo de 2016

Xestión práctica das vendas dunha empresa comercial: Odoo vendas

Vigo | 15/03/16

Descrición: OdooERP permite a xestión integrada e completa en contornos globais (diferentes divisas, numerosos idiomas, contorno multicompañía) da xestión da parte comercial e administrativa (contabilidade, vendas, facturación) e a xestión loxística da empresa (almacéns), coas vantaxes dunha aplicación de software libre (alta personalización e adaptación aos factores propios de cada empresa).

Data de celebración: 15/03/2016

Lugar: Aula CeMIT de Vigo. R/Oporto nº1, Vigo

Horario: 16:00-20:00

Duración: 4 horas

Programa:

  • Presentación práctica dos módulos de Odoo para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha empresa de compra-venda de produtos.
  • Explicación do funcionamento básico e da configuración de módulos de Odoo: vendas (backoffice, TPV, e-commerce), almacén, compras, contabilidade.
  • Exposición dun caso de xestión comercial, administrativa e loxística.
  • Realización dun exercicio práctico. 

Máis información: CDTIC

 

Martes 15 de Marzo de 2016