WhatsApp como ferramenta de comunicación profesional

Xoves 22 de Xuño de 2017

WhatsApp como ferramenta de comunicación profesional

Descrición:

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza, o día 22 de xuño, unha sesión de formación que leva por título “WhatsApp como ferramenta de comunicación profesional”, que se desenvolverá nas súas instalacións de Santiago de Compostela.

Nesta actividade presentaranse os ámbitos e as condicións de uso da coñecida aplicación de mensaxería instantánea WhatsApp, así como as opcións que ofrece para a comunicación profesional. Funcións, recomendacións e boas prácticas, ferramentas que proporciona ou limitacións desta app para un uso profesional ou, mesmo, comercial son algúns dos aspectos que se abordarán ao longo da xornada, ademais de presentarse exemplos de casos reais de utilización.

O encargado de impartir a xornada será Christian Delgado, especialista en posicionamento e analítica web e profesor asociado da Escola de Negocios AFundación.

Horario: De 10:00 a 13:00 horas.

Programa:

  • Introdución: presentación de WhatsApp e ámbito de uso
  • Condicións de uso
  • Opcións de WhatsApp e o seu enfoque profesional. "WhatsApp marketing"
    • Funcións de WhatsApp
    • Recomendacións e boas prácticas
    • Ferramentas
    • Exemplos de casos reais

Para consultar máis información sobre o evento prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/whatsapp-santiago)

Xoves 22 de Xuño de 2017