VII Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos
Descrición:
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, en colaboración coa Amtega, organiza A VII Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos, que reunirá a un panel de relatores expertos do ámbito da avogacía, a enxeñaría informática, a maxistratura e as forzas de seguridade do Estado, que darán unha visión integral da ciberseguridade e da revolución que supón a intelixencia artificial na aplicación da lei. Esta complexa realidade abre numerosas esixencias no eido do dereito, de xeito que os profesionais da xustiza están obrigados a coñecer, interpretar e aplicar estas tecnoloxías para dar unha resposta acorde aos crecentes requirimentos.
A xornada ten os seguintes obxectivos:
- Formar ao noso poder xudicial e aos xuristas en xeral ao fin de, non só coñecer a lexislación, senón tamén a nova realidade tecnolóxica
- Informar e concienciar aos xuristas dos avances en materia probatoria nos casos en que interveña o factor informático no proceso
- Dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica á vez que incrementar a efectividade e a eficiencia da nosa administración xudicial co uso das novas ferramentas electrónicas e forenses
Data: 4 de outubro de 2017
Lugar: Cidade da Cultura da Cultura de Galicia
Horario: De 9:00 a 18:45 horas
Programa:
- 9:00 - Recepción e Entrega do Material
- 9:30 - Presentación VII Xornada Xudicial
- 10:00 - O xuíz robot: a intelixencia artificial na interpretación e aplicación da lei
- 10:50 - Privacidade e dereitos fundamentais na sociedade da información
- 11:40 - Descanso Café
- 12:10 - Ciberseguridade e peritaxe informática
- 13:00 - Mesa Redonda I
- 14:00 - Xantar
- 16:00 - A e-xustiza mito ou realidade?
- 16:50 - Investigación de ciberdelitos nun mundo dixital
- 17:40 - Mesa Redonda II
- 18:45 - Clausura
Para inscribirse e consultar máis información sobre o evento, prema aquí (http://xornadaxudicial.cpetig.org/)