Unha imaxe vale máis que mil palabras. Aprende a creala con ferramentas libres
Santiago | 10/12/15
Descrición: Neste seminario daranse a coñecer as ferramentas que existen en software libre para o mundo do deseño gráfico e da edición. Coñecerase o estado da arte: o que se pode facer, o que custa e o que (aínda) non; así como as fortalezas e limitacións e consellos prácticos á hora de enviar á imprenta. Os usuarios que así o desexen poderán traer os seus propios equipos coas últimas versións de Inkscape, Scribus e GIMP. Desta forma, poderán seguir practicando na casa unha vez rematada a sesión.
Tipo de actividade: Obradoiros / Seminarios de formación
Data: 10 Decembro 2015
Horario: De 16:00h a 19:00h
Duración: 3 horas
Temática: Software libre
Sede: Centro Demostrador TIC. CNTG, Rúa Airas Nunes, s/n Conxo. Santiago de Compostela.
URL: Máis información