Martes 08 de Marzo de 2016
Tes unha empresa de servizos? Coñece as vantaxes que che ofrece Odoo
A Coruña | 08/03/16
Descrición: Odoo ERP permite a xestión integrada e completa en contornos globais (diferentes divisas, numerosos idiomas, contorno multicompañía) da xestión da parte comercial (CRM), administrativa (contabilidade, vendas, facturación) e a xestión dos proxectos internos/externos da empresa (asignación de tarefas e recursos, tempos e custos), coas vantaxes dunha aplicación de software libre (alta personalización e adaptación aos factores propios de cada empresa).
Data de celebración: 08/03/2016
Lugar: Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís. R/ Terranova de Eirís n.º 7. A Coruña
Duración: 4 horas
Programa:
- Presentación práctica dos módulos de Odoo para a xestión comercial e administrativa dunha empresa de servizos.
- Explicación do funcionamento básico e da configuración de módulos de Odoo: CRM, mensaxería, web, vendas, compras, proxectos e contabilidade.
- Exposición dun caso de xestión comercial e administrativa.
- Realización dun exercicio práctico.
Máis información: CDTIC
Organismo promotor: Xunta de Galicia
Martes 08 de Marzo de 2016