Tecnoloxías inmersivas: Aplicacións prácticas e uso do traxe táctil no sector da saúde.
Sesión organizada polo Centro GaiásTech e o ITG

Lugar: Streaming
Data de inicio: 24 de outubro de 2023
Data de finalización: 24 de outubro de 2023
Horario: De 10:00 a 11:00
Tema: Tecnoloxías inmersivas: Aplicacións prácticas e uso do traxe táctil no sector da saúde.
Total de horas: 1 hora
Destinatarios: Esta sesión está deseñada para todo tipo de público, independentemente do seu nivel de coñecemento en entornos inmersivos (Realidade Aumentada, Mixta e Virtual). Así, para asistir á xornada, non se require experiencia previa sendo válida para calquera persoa interesada na temática, aínda que é especialmente interesante para o sector empresarial dado que se mostrarán exemplos de como estas tecnoloxías poden dar solución ás necesidades de formación, optimización de procesos, control de calidade ou dixitalización.