Mércores 18 de Outubro de 2017
Taller TIC: introdución á monitorización de sistemas co software libre Zabbix e aplicabilidade a outros campos como a industria
Descrición:
O obxectivo desta sesión é mostrar dende un punto de vista práctico as virtudes e a aplicablidade desta fantástica ferramenta de software libre. Explicar os beneficios do seu uso tanto en contornos de sistemas como en contornos de fabricación.
Horario: De 10:00 a 13:00 horas
Lugar: Santiago de Compostela
Programa:
- Presentación da ferramenta de monitorización Zabbix
- Presentación práctica de elementos básicos de Zabbix sobre DEMO Muutech en liña:
- Recollida e presentación de datos
- Configuración de alarmas
- Creación de cadros de mando
- Outros informes
- Presentación de elementos e funcionalidades avanzadas de Zabbix (Discovery, scripts etc.)
- Integración con outras plataformas (Grafana, Ansible)
- Presentación de DEMO CDTIC en liña
- Exemplo práctico: "Como monitorizar o router da túa empresa"
- Exemplos de aplicabilidade en empresas galegas de diferentes sectores (casos de éxito)
Para obter máis información e inscribirse na actividade, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/presentacion-zabbix)
Mércores 18 de Outubro de 2017