SM Trébole: Solución para a xestión de procesos de negocio nas empresas
Descrición:
Porque as empresas necesitan facer un seguimento de todos os seus procesos e xestionalos de forma integrada, e non de forma illada ou en base a información irrelevante ou parcial. E isto sucede en moitas compañías, a pesar de facer grandes investimentos en ferramentas corporativas.
Porque SM Trébole é unha ferramenta flexible e dinámica que permite integrar datos, e xestionar e explotar información, co fin de xerar o coñecemento necesario dos procesos dunha compañía, facilitar a toma de decisións e garantir a continuidade do negocio.
A xornada, que se celebrará o 26 de setembro en Santiago de Compostela, está dirixida principalmente á mediana e grande empresa multisectorial. Para directoras/es e responsables de TI, innovación, operacións, calidade e RRHH.
Horario: De 16:00 a 19:00 horas.
Programa:
- Presentación xeral da solución
- Ámbitos de aplicación e necesidades que cobre
- Demostración práctica da solución
- Beneficios que proporciona SM Trébole
- Modelos de explotación de SM Trébole
Para obter máis información e inscribirse á actividade, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/sm-trebole)