Programación en C# e a plataforma .NET

Luns 20 de Febreiro de 2017

Programación en C# e a plataforma .NET

Descrición:
Este curso ensina aos desenvolvedores as habilidades necesarias para que poidan crear aplicacións Windows facendo uso da linguaxe C#. Ao longo do curso, os/as alumnos/as aprenderán a programar en C#, a sintaxe da linguaxe, e os detalles de implementación necesarios para desenvolver aplicacións facendo uso de múltiples características do Framework de .NET Para a xestión do curso facilitaranse os datos de contacto de mail e número de teléfono dos/as participantes á empresa contratada para a súa impartición aos exclusivos efectos de solucionar posibles incidencias relacionadas co desenvolvemento do curso.

Obxectivos:
O curso mostra todas as técnicas requiridas para o desenvolvemento de modernas aplicacións de desktop e empresariais, incluíndo:

  • Construción de novos tipos de datos
  • Xestión de eventos
  • Programación da interface de usuario
  • Accesos a bases de datos
  • Uso de datos remotos
  • Execución de operacións asíncronas
  • Integración con código non xestionado
  • Creación de atributos personalizados
  • Cifrado e descifrado de datos

Duración: 105 horas

Programa: 2016-2017

Matrícula: Gratuíta

Metodoloxía: Teleformación

Máis información: https://cntg.xunta.es/gestioncntg/edicion/fichaCurso.seam?edicionId=6321...

Luns 20 de Febreiro de 2017