Programa de Capacitación | Conéctate de xeito seguro: ciberseguridade para PEMEs Galegas
Data:
01 Out 2025, 08 de Out 2025, 15 de Out 2025, 22 de Out 2025 e 29 de Out 2025. En horario de 16:30 a 18:30h.
Obxectivo:
Este programa de capacitación ten como obxectivo proporcionar coñecementos e boas prácticas en ciberseguridade, centrado en PEMEs galegas. Os participantes aprenderán a detectar ameazas cibernéticas, protexerse contra ataques como o phishing ou o malware, e a implementar solucións de ciberseguridade accesibles para as pequenas e medianas empresas.
Programa:
-
01 de outubro | CIBER RISCO. A QUE NOS ENFRONTAMOS
-
Introdución ao concepto de ciber risco e formas en que poden afectar ás persoas.
-
Que buscan os ciber delincuentes de nós. A supply chain do ciber crime.
-
Os incidentes de seguridade. Tipos de incidente e boas prácticas para axudarnos a protexernos.
-
-
08 de outubro | ATAQUES DE ENXEÑARÍA SOCIAL
-
Que son os ataques de enxeñaría social.
-
Tipos de ataques: phishing, vishing, smishing e outros “-ing”.
-
Técnicas de manipulación que utilizan os ciberdelincuentes.
-
Identificación de sinais dun ataque de enxeñaría social e medidas de prevención.
-
-
15 de outubro | FALANDO DE MALWARE
-
Conceptos básicos sobre o malware e os tipos de malware.
-
Métodos de infección e sinais ás que debemos prestar atención.
-
Boas prácticas para previr infeccións ou para responder ante unha.
-
Caso práctico e sesión de preguntas das persoas participantes.
-
-
22 de outubro | SOLUCIÓNS E FERRAMENTAS DE CIBERSEGURIDADE PARA PEMES
-
A importancia da ciberseguridade en pemes.
-
Ferramentas esenciais de ciberseguridade sen grandes investimentos.
-
Boas prácticas e estratexias orientadas ás pemes.
-
A concienciación como ferramenta para converternos en firewall humano.
-
Caso práctico de uso de AKIRA como ferramenta de análise de vulnerabilidades.
-
-
29 de outubro | TOP 10 CONFIGURACIÓNS INCORRECTAS E COMPORTAMENTOS ERRÓNEOS EN CIBERSEGURIDADE
-
Erros habituais na configuración de sistemas e aplicacións.
-
A importancia das persoas como barreira de protección.
-
Exemplos prácticos e rolda de preguntas.
-
Inclúe informe de vulnerabilidades gratis con AKIRA para as 5 primeiras empresas inscritas.
-
Imparte:
dooingIT
Organiza:
Cátedra de Economía da Ciberseguridade USC-INCIBE, Amtega
Impartido por:
-
Paz Cariñena
-
Bernardo Viqueira Hierro
Prazas limitadas:
Máximo de 15 persoas. A selección farase por orde de inscrición.
Requisitos:
Para emitir un certificado de participación será obrigatorio asistir como mínimo ao 80% das sesións.
Financiación:
Cátedra Economía da Ciberseguridade USC-INCIBE financiada por Unión Europea NextGeneration, PRTR a través de INCIBE.