Presentación do programa Galicia Open Future_ Retos industria 4.0: Finsa e Grupo Nueva Pescanova
Descrición:
Esta xornada, destinada ás persoas emprendedoras, start-ups, pemes, persoal de centros tecnolóxicos, universidades e calquera que crea que pode achegar unha solución para resolver algún dos dous retos exposto, ten como obxectivo dar a coñecer o novo programa Galicia Open Future_ e os dous primeiros retos de Grupo Nueva Pescanova e Finsa, contados en primeira persoa por responsables das devanditas empresas. Trátase dunha boa oportunidade para coñecer as empresas tractoras e o contexto no que se lanzan estes retos, así como para resolver as dúbidas que poidan exporse en relación con eles ou co programa en xeral.
A convocatoria estará aberta ata o 14 de marzo.
Lugar: Centro Demostrador TIC. CNTG, rúa Airas Nunes, s/n Conxo. Santiago de Compostela
Horario: De 16.30 a 18.00 h
Programa:
Presentación do programa
Presentación dos novos retos:
Reto Grupo Nueva Pescanova: como podemos modelizar os datos recollidos nos sucesivos ciclos de cría do lagostino para predicir e corrixir, no seu caso, comportamentos e optimizar a toma de decisións presentes e futuras?
Reto Finsa: como poden as novas tecnoloxías dotar o sector da madeira de capacidades dixitais para ofrecerlle á súa clientela un mobiliario máis intelixente?
Requisitos para participar nel
A quen vai dirixido?
Metodoloxías de traballo
Beneficios para os participantes
Para consultar máis información e inscribirse ao evento, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/gof-novos-retos)