Martes 17 de Outubro de 2017
OpenESB: The Open Extended Service Bus
Descrición:
Coa colaboración da Xunta de Galicia, Pymma imparte un seminario para presentar o novo OpenESB versión 3.1 e as súas características. OpenESB: The Open Extended Service Bus foi mellorado para adaptarse aos novos retos de integración. O seminario pretende presentar as novas características desenvolvidas pola comunidade OpenESB e o equipo Pymma.
*Nota: este seminario impartirase en inglés
Lugar: Santiago de Compostela
Horario: 15:45 a 20:00 horas
Programa:
- 15:45 – 16:00 Benvida aos asistentes
- 16:00 – 17:15 OpenESB presentacións (primeira parte)
- 17:15 - 17:45 Pausa e networking
- 17:45 – 19:00 OpenESB presentacións (segunda parte)
- 19:00 - 19:20 Pausa e networking
- 19:20 – 20:00 Demostración práctica e dúbidas
Para obter máis información e inscribirse na actividade, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/openesb)
Martes 17 de Outubro de 2017