Obradoiros Girl STEAM (de 8 a 11 anos)
Obradoiros Girl STEAM (de 8 a 11 anos)
Trátase de impulsar actividades de mentorado próximo desde idades temperás dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas.
Data de inicio:
5 de setembro de 2024
Data de finalización:
5 de setembro de 2024
Horario:
De 16:00 a 20:00
Tema:
Obradoiros STEAM para rapaces e rapazas de 8 a 11 anos
Total de horas:
4 horas
Destinatarios:
Rapaces e rapazas de 8 a 11 anos (límite de prazas: 15 asistentes)
Máis información:
Os obradoiros están deseñados para despertar o interese e reforzar a confianza nas capacidades das rapazas e rapaces nas áreas STEAM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas). O programa inclúe:
- Introdución ao funcionamento das placas micro, incluíndo a súa programación con diferentes comandos.
- Traballo en grupo na construción e programación dun proxecto utilizando un dos 20 modelos dispoñibles no kit de robótica da Rede CeMIT.
- Desenvolvemento dun proxecto libre con estruturas realizadas a partir de materiais de refugallo como botellas, cartóns, madeira ou tecidos.
Organizado por:
- AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia)
- CPETIG (Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia)
Impartido por:
- Paula Tubío
- André Adrio
Para máis detalles e inscripcións, visita https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/obradoiros-girl-steam-de-8-1…