Xoves 09 de Novembro de 2017
Nextcloud: a nube privada máis segura para os teus datos
Descrición:
Sesión de demostración práctica da ferramenta libre Nextcloud para resolver as necesidades de almacenamento, compartición e xestión da información das empresas axustándose ao GDPR (General Data Protection Regulation) da Unión Europea.
Lugar: Santiago de Compostela
Horario: De 16:00 a 19:00 horas
Programa:
- A necesidade de almacenamento e compartición de información na empresa
- A xestión da información no contorno lexislativo e na protección de datos
- A solución Nextcloud
- Demostración das capacidades técnicas de Nextcloud
- Casos de éxito coa solución Nextcloud
- Presentación do acceso á proba práctica de Nextcloud no CDTIC Virtual
Para obter máis información e inscribirse á actividade, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/nextcloud)
Xoves 09 de Novembro de 2017