Marketing 2.0: o potencial das redes sociais para a promoción en liña

Mércores 14 de Xuño de 2017

Marketing 2.0: o potencial das redes sociais para a promoción en liña

Descrición:

As redes sociais consolidáronse como unha canle idónea para a promoción de moitos negocios e actividades profesionais. Non obstante, elixir as máis adecuadas para cada caso e utilizalas da forma correcta poden marcar a diferenza entre conseguir os obxectivos desexados ou simplemente investir tempo e diñeiro nunha actividade que non xera resultados.
 
Nesta sesión abordarase como afrontar o salto ás redes sociais, as cuestións clave que se deben ter en conta e as pautas básicas para utilizar algunhas das redes sociais máis populares. 

O curso celebrarase o 14 de xuño en Santiago de Compostela e está destinado a xerentes, responsables ou persoal técnico das áreas de comunicación ou marketing das empresas de calquera sector.

Horario: De 16:00 a 19:00 horas.

Programa:

  • Diferenzas entre as redes sociais e o marketing tradicional
  • Importancia da estratexia 
  • Principais redes sociais segundo o seu enfoque
  • Os grandes do 2.0: Facebook, Twitter, LinkedIn, Instagram e YouTube. Consideracións e recomendacións:
  • A importancia de personalizar adecuadamente os perfís
  • Optimizar os contidos que se queren publicar
  • Como chegar a máis seguidores
  • A (crecente) importancia das #etiquetas
  • Como pechar o círculo: medir os resultado

Para obter máis información prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/marketing-2-0)

Mércores 14 de Xuño de 2017