Marca persoal e identidade dixital. Incidencia sobre o emprego
Santiago | 25/02/16
Descrición: a contorna dixital debuxa un escenario para a actividade económica caracterizado polo valor diferencial do coñecemento, do talento, que non é outra cousa que o coñecemento en acción. Neste escenario dixital e global as persoas precisan amosar o seu saber facer para o seu desenvolvemento profesional. As organizacións necesitan resultar atractivas para atraer e reter o talento que marca diferenzas estratéxicas e competitivas.
Data de celebración: 25/02/2016
Lugar: Centro Demostrador TIC. CNTG, Rúa Airas Nunes, s/n Conxo (Santiago de Compostela)
Horario: 17:00-20:00
Duración: 3 horas
Programa:
• Marca persoal e identidade dixital
• O inicio da identidade profesional na rede: o papel do correo
electrónico
• Ferramentas para o posicionamento profesional na rede
• O Employer Branding como estratexia competitiva: o papel da
diversidade nun mundo global co coñecemento no centro da actividade
económica
Máis información: CDTIC