Marca persoal e identidade dixital. Aprende a construír e a usar a túa marca persoal en internet
Descrición:
O obxectivo xeral da charla é mostrarlles ás persoas asistentes a importancia de ter que traballar a súa propia marca persoal para saír ao mercado (neste caso, ao mercado laboral) como un produto individual diferenciado. Trátase de que mostren as súas características, propiedades e vantaxes, conseguindo destacalas e desta forma facelas visibles nun mundo cada vez máis competitivo e global.
Tamén se pretende mostrarlles ás persoas asistentes as ferramentas, os escenarios e as linguaxes apropiadas para xestionar a súa identidade dixital profesional como a mellor forma de dirixir a súa carreira cara aos obxectivos que se marquen, así como atopar un traballo que se adapte ás súas características profesionais.
Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.
Programa:
- Que é unha marca persoal?
- Beneficios de ter unha marca persoal
- Creando a miña marca persoal: EU
- Plan de comunicación da miña marca persoal
Máis información: CDTIC