Xoves 29 de Outubro de 2015
LibreCon 2015
Santiago | 29/10/15
Santiago converterase unha vez máis, no centro dos negocios, o emprego e as tecnoloxías abertas a escala internacional, en cita obrigada para a industria tecnolóxica, coa presenza de directivos de todos os niveis, responsables técnicos, traballadores do sector e axentes públicos e privados tractores de innovación, coñecemento, emprego e negocio que queiran coñecer o último en solucións baseadas en tecnoloxías libres.
Cunha audiencia esperada de 1.500 profesionais e 600 empresas, LibreCon 2015 xirará arredor da electrónica de consumo e o sector da automoción -sistemas de entretemento, automóbil conectado-, Internet Of Things e a nova educación, ademais de reservar un espazo para o eCommerce.
Organismo promotor: AGASOL, ASOLIF, CLUSTER TIC GALICIA, Xunta de Galicia
Xoves 29 de Outubro de 2015