A importancia do factor humano e organizativo na seguridade da información

Martes 06 de Maio de 2025

A importancia do factor humano e organizativo na seguridade da información

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de ADENDA, empresa adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Lugo, entidade fundadora de CIBER.gal.

Lugar
En liña
Tipo de evento
Acto
Temática vinculada
Ciberseguridade
Modalidade
Streaming

A actividade será unha charla formativa dirixida a pemes sobre vulnerabilidades e protección de datos e seguirá a seguinte estrutura:

  1. A importancia do factor humano e organizativo na seguridade da información:
    • A importancia do factor humano na seguridade da información
    • Principios da enxeñería social
    • Análise dos distintos ataques de phishing: email phishing, spear phishing, smishing, vishing, fraude do CEO etc.
    • Novos retos na ciberseguridade: Intelixencia Artificial IoT etc.
    • Boas prácticas e recomendación en AI
  2. Impactos relacionados coa seguridade da información:
    • Sancións en materia de protección de datos
    • Sancións en ciberseguridade (NIS2) e en AI

O formato da actividade será EN LIÑA, cunha duración de 60 minutos.

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón.

Martes 06 de Maio de 2025