Hospitec: Potencia a túa infraestrutura e servizos hospitalarios
Descrición:
Hospitec é un proxecto innovador que ten como obxectivo a simplificación e a automatización da xestión de infraestruturas e servizos hospitalarios.
Está baseado en tecnoloxías cloud e aplica as vantaxes das técnicas máis modernas de virtualización (como Docker, Kubernetes, Openstack, Cloudify etc.) e distribución eficiente de contidos multimedia (streaming h264/h265, SPICE, websockets etc.) para dinamizar o uso de aplicacións desde diferentes localizacións e dispositivos.
En definitiva, Hospitec pretende prover a toda a comunidade hospitalaria dun sistema que lle permita acceder aos servizos e facer uso da infraestrutura TI dunha forma sinxela para todos.
Lugar: Santiago de Compostela
Horario: De 16:30 a 18:00
Programa:
- Presentación de aliados tecnolóxicos
- Presentación de Hospitec e as súas vantaxes:
- Instalación desatendida de servidores e autodescubrimento de recursos na rede local
- Despregamento sinxelo e automatizado de software hospitalario e servizos TI
- Innovador sistema de xestión da infraestrutura de computación e comunicación baseado en técnicas de hiperconverxencia
- Interface de xestión centralizada
- Posibles aplicacións: Hospitec estase a validar mediante un caso de uso para adaptar diferentes servizos hospitalarios a través dun acceso multidispositivo flexible para o persoal clínico e para os pacientes e os visitantes
- Quenda de preguntas
Para consultar máis información e inscribirse ao evento, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/hospitec)