Galegos na FOSDEM
Desde hai 25 anos celébrase en Bruxelas a FOSDEM, un dos eventos máis importantes sobre proxectos de código aberto, que reúne a máis de 8.000 persoas en arredor de 1.000 charlas. Este ano, varios desenvolvedores galegos participaron no evento, e na Industriosa queremos xuntalos para dar a coñecer o seu traballo que están facendo desde a nosa comunidade con impacto, en moitos casos, a nivel global.
- Lugar: Local da Industriosa
- Data 22 de marzo
- Horario: 10:00 - 13:30
- Tema: Presentación dos traballos de desenvolvedores galegos na FOSDEM 2025
- Total de horas: 3 horas e 30 minutos
- Destinatarios: Persoas interesadas no software libre e código aberto
- Enlace para máis información: Meetup
Nesta xornada participarán:
- José María Casanova (Igalia) – Optimización do motor de gráficos da Raspberry Pi.
- David de la Iglesia (Mozilla) – Blueprint: ferramenta para desenvolver IA de código aberto.
- Sam Thursfield (Codethink) – Testing automatizado en distribucións Linux.
- Santiago Saavedra (GPUL A Coruña) – Desenvolvemento dun cargador intelixente para vehículos eléctricos.
- Xabier Crespo (SC Robotics) – Impacto das novas linguaxes de programación nos sistemas con menos recursos.