Entre Likes e Riscos - Día Internacional das RRSS
O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer boas prácticas para adolescentes e familias en torno a RRSS que poidan poñer en práctica no eido persoal, familiar e laboral
Data: 26 de xuño de 2025
Hora: De 17:00 a 19:00
Lugar: Centro GaiásTech e en liña vía streaming
Obxectivo
O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer boas prácticas para adolescentes e familias en torno ao uso das redes sociais, ofrecendo ferramentas útiles que se poidan aplicar no eido persoal, familiar e laboral.
Programa
- Vivimos en rede: o papel das RRSS na sociedade actual
- Que sabemos das redes sociais? Coñecémolas ben?
- Que usos teñen no noso entorno familiar e laboral?
- Dinámica participativa sobre o uso das RRSS nos nosos teléfonos
- A túa pegada dixital importa: como usar ben as RRSS
- Boas prácticas para un uso responsable e axeitado
- Os perigos dun mal uso: enganche, exposición e consecuencias
- Casos reais e reflexión colectiva
- Conclusións finais
- Recapitulación de aprendizaxes
- Recursos e recomendacións
Imparten
Cruz Vermella
Manuel Santos López, Director Provincial de Cruz Vermella Xuventude na Coruña
Dirixido a
Público en xeral, sen límite de idade. Actividade aberta a todas as persoas interesadas en comprender mellor o impacto das redes sociais e mellorar o seu uso.
Inscrición
Inscríbete agora para participar presencialmente ou seguir o evento por streaming. As prazas son limitadas.
Organiza
CeMIT – Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica