Enredando Tour 2025

Xoves 22 de Maio de 2025

Enredando Tour 2025

Lugar
Galicia
Tipo de evento
Curso
Temática vinculada
Competencias dixitais
Modalidade
Presencial

Enredando Tour xa está a percorrer as vilas galegas nesta nova edición que levamos a cabo xunto con Cruz Vermella, e que está a percorrer, en horario de 10 a 14 horas, 20 localidades das catro provincias galegas.

A veciñanza poderá acceder a contidos formativos sobre o uso da tecnoloxía na vida cotiá, achegarse a aplicacións que empregan IA e participar en sesións dedicadas especificamente á banca dixital e á ciberseguridade

Como novidade, están programados tamén obradoiros para mellorar a capacitación dixital en persoas que estean á procura ou mellora de emprego

Datas e emprazamentos:

PONTEVEDRA

SILLEDA: 23 de maio, Praza do Concello
FORCAREI: 27 de maio, Praza da Igrexa, 1  
O ROSAL: 28 de maio, Praza do Calvario, 1 
RIBADUMIA: 29 de maio, Praza do Concello 
PONTE CALDELAS: 30 de maio, Praza de España


OURENSE 
CELANOVA: 3 de xuño. Praza Maior de Celanova
A RÚA: 5 de xuño. Rúa Velázquez 
O CARBALLIÑO: 10 de xuño. Praza Maior. Rúa Rosalía de Castro 
OURENSE: 11 de xuño. Rúa do Paseo nº 4 á altura do Centro Cultural Ángel Valente (antigo Banco de España) 
BARBADÁS: 12 de xuño, Avda. de Celanova á altura do nº 39 da localidade da Valenzá

A CORUÑA 
TORDOIA: 16 de xuño, na Praza do Concello 
CABANA DE BERGANTIÑOS: 17 de xuño, Lugar A Carballa 
TRAZO: 19 de xuño, Lugar Viaño Pequeno, 9 
FRADES: 23 de xuño. Praza pública de Ponte Carreira
BOIRO: 26 de xuño. Praza de Galicia

LUGO

GUNTIN: mércores, 2 de xullo - Lameliña s/n, praza a carón da Igrexa nova de Guntín

FOZ: xoves, 3 de xullo – Avda. Álvaro Cunqueiro (diante do concello)

RIBADEO: venres, 4 de xullo - Parque Praza de España.

MONDOÑEDO: luns, 7 de xullo- Praza do Concello

VILALBA: martes, 8 de xullo- Praza da Constitución

Xoves 22 de Maio de 2025