Curso de auditoría no Esquema Nacional de Seguridade (ENS)
Descrición:
O CPETIG, en colaboración coa Amtega, organiza un curso de auditoría no Esquema Nacional de Seguridade (ENS), que capacitará ás persoas asistentes para levar a cabo as auditorías previstas no marco do RD 3/2010 de implementación do ENS no ámbito da administración pública.
Os contidos teóricos estarán centrados nos fundamentos da implementación do ENS e nas medidas para cada un dos marcos que constitúen a norma de seguridade. E veranse complementados con sesións prácticas de revisión das medidas aplicables e da súa adecuación para o nivel establecido.
Lugar: Santiago de Compostela
Datas: 22, 23, 29 e 30 de setembro
Duración: 20 horas
Prezo: 325 € (95€ para colexiados e precolexiados de enxeñaría técnica e enxeñaría en informática e os non colexiados que soliciten colexiación no CPETIG)
Para consultar máis información e inscribirse ao curso, prema aquí (https://www.eventbrite.es/e/entradas-curso-de-auditoria-no-esquema-nacio...)