Coñece a nova ferramenta de xestión do cumprimento normativo - compliance
Descrición:
SOFTIC presenta un ERP para a implantación e o seguimento do Compliance. Servizo Saas dispoñible 24 horas os sete días da semana, pensado para as empresas que xa contan cun departamento xurídico ou de sistemas e que, partindo do seu coñecemento da normativa, desexan deseñar e xestionar o seu propio Compliance valéndose dun ERP de fácil manexo e con amplas funcionalidades. A aplicación divídese en diferentes módulos que funcionan de maneira independente en canto a acceso, pero conxunta na reutilización de datos.
A ferramenta Compliance - SOFTIC permítelles ás empresas chequear as actividades de risco, obter un mapa de riscos, xerar un manual de prevención de delitos, seleccionar as políticas de actuación vinculadas, editar novas políticas de actuación, traducir ao inglés, e favorecer o seguimento e o rexistro de documentación.
A xornada, que se celebrará o día 6 de xullo, terá lugar en Santiago de Compostela e está dirixida a Grandes empresas, despachos de avogados, asesorías, consultoras e empresas TIC.
Horario: De 9:00 a 11:00 horas
Programa:
- Presentación
- Aproximación á norma UNE ISO 19601 - Sistemas de Compliance Penal. En que consiste? A quen afecta?
- Demostración práctica da solución para o cumprimento normativo - Compliance
- Rolda de preguntas
- Café – networking
Para obter máis información e inscribirse á xornada, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/softic-compliance)