Xoves 08 de Outubro de 2015
Coñece as ferramentas libres de participación, colaboración e toma de decisións dispoñibles para o terceiro sector
Santiago | 08/10/15
Descrición: seminario sobre ferramentas libres de participación e toma de decisións destinado a responsables, persoal e voluntarios do terceiro sector
Data de celebración: 22/09/2015
Lugar: Centro Demostrador TIC
Horario: de 17:00h a 20:30h
Duración: 3,5 horas
Tipoloxía: formación en ferramentas de xestión de procesos de participación e toma de decisións
Nivel: básico
Contidos: 1. A relación entre as novas tecnoloxías e os procesos de participación: virtualidades e perigos, 2. a construción colectiva de coñecemento para a acción: requisitos necesarios, 3. presentación da aplicación web e-cidadania: como responde aos retos formulados, 4. desenvolvemento en software libre e apertura á colaboración.
Organismo promotor: Amtega
Xoves 08 de Outubro de 2015