Ciberseguridade na era da Intelixencia Artificial Xenerativa
Charla-obradoiro en liña dirixida a pemes, centrada nos retos e oportunidades que supón a intelixencia artificial xenerativa no ámbito da ciberseguridade. Unha actividade formativa con demostracións prácticas, organizada no marco do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Google e INCIBE.
Data:
25 de abril de 2025
Horario:
De 11:30 a 13:00 (duración: 90 minutos)
Organiza:
CIBER.gal – Nodo Galego de Ciberseguridade
En colaboración con Google e INCIBE
Dirixido a:
Pemes interesadas en mellorar os seus coñecementos e prácticas en materia de ciberseguridade
Obxectivo:
Explorar as ameazas máis comúns no eido da ciberseguridade e o papel crecente da intelixencia artificial xenerativa tanto nos ataques como na defensa. Proporcionar ferramentas e coñecementos prácticos aplicables no día a día das pemes.
Programa:
- Introdución aos tipos de ataques máis habituais e técnicas de ciberdelincuencia
- Medidas básicas de protección e boas prácticas
- O papel da IA xenerativa na ciberseguridade (como ameaza e como ferramenta defensiva)
- Demostracións prácticas con produtos desenvolvidos por Google en Málaga
Inscrición:
https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2980051
Máis información:
https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/cibergal/eventos/ciberseguridade-na-era-da-intelixencia-artificial-xenerativa