Mércores 21 de Xuño de 2017
Aspectos esenciais para posicionar a miña web e coñecer quen a visita
Descrición:
Coñecer as cuestións máis importantes que cómpre ter en conta á hora de lograr un bo posicionamento para un sitio web en Google, tanto desde o punto de vista da web como da promoción externa.
Mostrar as principais métricas que poden axudar a saber o perfil de usuarios que visitan o sitio web e así determinar a súa eficacia dentro da promoción en liña da empresa.
O curso celebrarase o 21 de xuño en Santiago de Compostela e está destinado a xerentes, responsables ou persoal técnico das áreas de comunicación ou marketing das empresas de calquera sector.
Horario: De 16:00 a 19:00 horas
Programa:
- Conceptos básicos sobre o posicionamento en buscadores
- Principais factores que inflúen no posicionamento dun sitio web
- Ferramentas gratuítas para avaliar distintas cuestións sobre o posicionamento da miña web: Google Search Console, SeoQuake, comandos de Google
- Funcionamento básico de Google Analytics
- Que datos podo coñecer sobre a miña web?
- Informes de interese para comprobar o impacto da miña web
Para obter máis información prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/posicionamento-web)
Mércores 21 de Xuño de 2017