3º Encontro do Programa CeMIT-Innova
Descrición:
A través do Programa CeMIT-Innova (que inicia xa a súa 3ª edición), Amtega desenvolve o espírito de traballo activo e colaborativo, impulsando proxectos para a superación de desafíos sociais, que converten as aulas CeMIT en espazos onde a tecnoloxía está ao servizo da Innovación Social Dixital. Neste evento, compartíranse os logros acadados en anos anteriores, achegarase o concepto de Innovación Social Dixital e informarase sobre a apertura dunha nova convocatoria do Programa onde se seleccionarán dez novos proxectos piloto.
Pode inscribirse de balde ao evento a través da seguinte ligazón: INSCRICIÓN AO EVENTO
Programa:
09:00 - Recepción de asistentes.
09:30 - Benvida institucional.
- Intervención de Mar Pereira Alvárez, Directora de Amtega e Alfredo L. García Rodríguez, Presidente da FEGAMP.
- CeMIT-Innova: O camiño percorrido.
· Presentación do vídeo Innovación Social Dixital "Made in Galicia".
· Mesa de experiencias, compartida entre os Concellos de Ourense, A Bola e Pontedeume.
10:30 - 2017: Unha nova edición en marcha:
- Nova convocatoria: Innovación aberta. As TIC máis preto da cidadanía. Selección de dez novos proxectos piloto.
- Novidades. Concurso ISD. Premio Son Dixital á mellor iniciativa dixital.
11:30 - Cafe-Networking
12:00 - Relatorio, a cargo de Juan Freire: Innovación aberta, estratexia e liderado.
13:00 - Peche.
Máis información en: Programa 3 Edición CeMIT-Innova.pdf