Martes 15 de Marzo de 2016
15º Encontro redes de telecentros impulsando a túa capacitación dixital
Santiago | 15/03/16
Descrición: encadrado dentro das acciones da get online week 2016, e a iniciativa eskillsforjobs, a Asociación Comunidad de Redes de Telecentros, organiza o seu 15ª Encuentro de Redes de Telecentros, coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que xestiona a Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia, a Rede CEMIT.No encontro, que terá o formato de workshop aberto e participativo, abordaranse, entre outras, as seguintes temáticas:
- A Acreditación de Competencias Dixitais: CODIX (Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática) e Guadalinfo
- Fomento da empregabilidade: FIT4jobs
- Novas experiencias, proxectos e boas practicas, innovación social dixital para o fomento do emprendimiento e emprego local
- Taller práctico: "Transformando Ideas para mellorar a nosa contorna local" DesignThinking para a Innovación social dixital nas redes de telecentros
Data de celebración: 15 de marzo
Lugar: Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Inscripción ao evento (gratuíta)
Organismo promotor: Xunta de Galicia
Martes 15 de Marzo de 2016