A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) traballa na primeira avaliación intermedia da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030). Este traballo ten como obxectivo renovar a EGD2030 e actualizala aos novos escenarios.
PRESENTACIÓN
Novos marcos estratéxicos a nivel rexional, estatal e europeo, sumados ás tendencias tecnolóxicas e estratéxicas xurdidas ou agravadas nos últimos anos, motivan a existencia desta avaliación. Enmarcarase dentro da propia EGD2030, que con carácter xeral ten como obxectivo situar a Galicia como rexión intelixente de referencia en Europa, aproveitando o uso das tecnoloxías dixitais para contribuír a aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: social, económica e medioambiental.
A EGD2030 parte dunha estrutura estratéxica cimentada ao redor de 8 eixes estratéxicos e 20 programas operativos artellados ao redor de un marco de gobernanza e de soporte á implementación das ditas liñas de traballo.
A continuación pode consultar o Informe sobre a actualización da EDG2030 ós novos escenarios aquí.
PARTICIPACIÓN
Estado actual: aberto o prazo de participación
Prazo: 21/11/2024 - 05/12/2024
Órgano: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública
FORMULARIO PARA A PARTICIPACIÓN NA CONSULTA
 
					 
 
 
 
 
 
