Submedida FEADER 7.3.3 Facilitación da universalización do acceso á banda larga de alta velocidade (30Mbps) especialmente nas zonas máis illadas. Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida

Submedida FEADER 7.3.3 Facilitación da universalización do acceso á banda larga de alta velocidade (30Mbps) especialmente nas zonas máis illadas. Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida

Esta submedida encádrase dentro da Medida 7.3 Apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular á súa creación, mellora e ampliación, ás infraestruturas de banda larga pasivas e a oferta de acceso á banda larga.

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Sociedade Dixital

Cofinanciamento: Estas axudas están cofinanciadas ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50% pola Xunta de Galicia, no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015

Obxectivos previstos

  • Dada a importancia da accesibilidade das empresas á banda larga ultrarrápida, con data 8 de abril de 2016 ditouse resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), pola que se aprobaron as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia (procedemento administrativo PR603A D.O.G. nº 77, do 22 de abril de 2016). Estas axudas, pensadas para que os principais centros empresariais de Galicia teñan banda larga ultrarrápida, compleméntanse para chegar ás empresas illadas, entre outras medidas, polas convocatorias de axudas directas a empresas illadas para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida que se diten ao abeiro das bases aprobadas pola presente resolución. 
     

Convocatoria de axudaResolución do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2017).

Cantidades adxudicadas: Pendente de adxudicación