Resolución do 9 de marzo de 2021 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)
Convocado por Resolución do 28 de decembro de 2020 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Sociedade Dixital) publicado no Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 2021.
Na sesión que tivo lugar o día 9 de marzo de 2021, o Tribunal nomeado por Resolución de 10 de febreiro de 2021 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, e tendo en conta que segundo o establecido na base 7.2 será necesaria a obtención dun mínimo de 25 puntos para superar a segunda fase,
ACORDOU:
Primeiro.- Visto que non se presentaron alegacións a resolución provisional de puntuacións da 2ª fase, elevar ditas puntuacións a definitivas e publicar a relación definitiva coas puntuacións obtidas polos aspirantes admitidos na segunda fase do procedemento selectivo, contida no Anexo da presente resolución, na web e no taboleiro de anuncios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Segundo.- Considerar que todos os aspirantes admitidos no proceso selectivo superaron a segunda fase ao acadar a puntuación mínima esixida de 25 puntos.
Terceiro.- Considerar exento da realización do exercicio de acreditación do coñecemento da lingua galega ao aspirante D. Miguel Rodríguez Quelle por ter presentado, xunto coa documentación de solicitude de participación no proceso selectivo, o certificado de perfeccionamento da lingua galega debidamente homologado, equivalente ao Celga 4 segundo a disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.
Cuarto.- Conceder ao aspirante D. Joaquín Sánchez Rodriguez un prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación pública na páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da presente resolución, para acreditar que posuía no día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.
Quinto.- Convocar ao aspirante D. Joaquín Sánchez Rodríguez, no caso de que non presente acreditación do coñecemento da lingua galega conforme ao disposto no parágrafo anterior, para a realización do exercicio de acreditación do coñecemento da lingua galega na sala de Consellos da sede da AMTEGA na segunda planta do edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o sábado 13 de marzo as 09:00 horas.
Sexto.- Encomendar ao presidente e ao secretario do tribunal a elaboración dos textos para o exercicio de acreditación do coñecemento da lingua galega, tendo en conta o disposto na base 7.3 da convocatoria do proceso selectivo.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2021
O presidente do Tribunal
José Manuel Civeira Moure
ANEXO: PUNTUACIÓN DEFINITIVA DA 2ª FASE
Nome da convocatoria: RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Sociedade Dixital).
Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 2021 (núm. 4)
Data do listado de puntuación definitiva da 2ª fase: 9 de marzo de 2021
| Nome e apelidos | DNI (*) | Puntuación |
| Miguel Rodríguez Quelle | *****622* |
37,28 puntos |
| Joaquín Sánchez Rodríguez | *****185* |
36 puntos |
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa normativa vixente.