Resolución do 30 de abril de 2021 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica) convocado por resolución do 30 de marzo de 2021 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica) publicado no Diario Oficial de Galicia do 8 de abril de 2021
Na sesión que tivo lugar o día 30 de abril de 2021, o Tribunal nomeado por resolución de 28 de abril de 2021 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro.- Publicar as puntuacións totais obtidas polos aspirantes admitidos no proceso selectivo na web e no taboleiro de anuncios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia indicando o candidato seleccionado para a cobertura do posto de persoal directivo (Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica)).
Segundo.- De acordo co disposto na convocatoria, as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2021
A presidenta do Tribunal
Natalia Blanco Fernández
ANEXO: PUNTUACIÓNS TOTAIS DO PROCESO SELECTIVO
Nome da convocatoria: Resolución do 30 de marzo de 2021 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica).
Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 8 de abril de 2021 (núm. 65)
Data do listado de puntuacións totais do proceso selectivo: 30 de abril de 2021
| Nome e apelidos | DNI (*) | Baremación de méritos | Plan de actuación | Puntuación Total |
| Víctor Coladas Bilbao | *****167* |
Formación: 21 puntos Experiencia: 27 puntos |
44 puntos |
92 puntos |
Candidato seleccionado: D. Víctor Coladas Bilbao
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa normativa vixente.