Resolución do 3 de marzo de 2021 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)

Resolución do 3 de marzo de 2021 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)

Convocado por Resolución do 28 de decembro de 2020 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Sociedade Dixital) publicado no Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 2021. 

Na sesión que tivo lugar o día 3 de marzo de 2021, o Tribunal nomeado por Resolución de 10 de febreiro de 2021 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, e tendo en conta que segundo o establecido na base 7.2 será necesaria a obtención dun mínimo de 25 puntos para superar a segunda fase.

ACORDOU:

Primeiro.- Publicar a relación provisional coa puntuación obtida polos aspirantes admitidos na segunda fase do procedemento selectivo, contida no Anexo da presente resolución, na web e no taboleiro de anuncios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Segundo.- De acordo co disposto na convocatoria, as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021

O presidente do Tribunal

José Manuel Civeira Moure

ANEXO: PUNTUACIÓN PROVISIONAL DA 2ª FASE

Nome da convocatoria: RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Sociedade Dixital).

Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 2021 (núm. 4)

Data do listado de puntuación provisional da 2ª fase: 3 de marzo de 2021

Nome e apelidos DNI (*)

Puntuación

Miguel Rodríguez Quelle *****622*

37,28 puntos

Joaquín Sánchez Rodríguez *****185*

36 puntos

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa normativa vixente.