Resolución do 28 de abril de 2021 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica) convocado por resolución do 30 de marzo de 2021 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica) publicado no Diario Oficial de Galicia do 8 de abril de 2021.
Na sesión que tivo lugar o día 28 de abril de 2021, o Tribunal nomeado por Resolución de 28 de abril de 2021 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica)
ACORDOU:
Convocar aos aspirantes admitidos ao proceso selectivo para a defensa dos seus plans de actuación na sala e Consellos da sede da AMTEGA na segunda planta do edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o venres 30 de abril, ás 14:45 horas, de conformidade co previsto no apartado 7 das bases de convocatoria:
- D. Víctor Coladas Bilbao: 14:45 horas.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2021
A presidenta do Tribunal
Natalia Blanco Fernández