Resolución do 26 de febreiro de 2021 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)

Resolución do 26 de febreiro de 2021 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)

Convocado por Resolución do 28 de decembro de 2020 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Sociedade Dixital) publicado no Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 2021. 

Na sesión que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2021, o Tribunal nomeado por Resolución de 10 de febreiro de 2021 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar todas as alegacións presentadas polo aspirante D. Joaquín Sánchez Rodríguez, unha vez revisadas na sesión que tivo lugar o 26 de febreiro de 2021.

Segundo.- Publicar a relación definitiva coa puntuación obtida polos aspirantes admitidos na primeira fase do procedemento selectivo, contida no Anexo da presente resolución, na web e no taboleiro de anuncios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Terceiro.- Considerar que todos os aspirantes presentados ao proceso selectivo superaron a primeira fase ao acadar a puntuación mínima esixida de 15 puntos.

Cuarto.- Convocar aos aspirantes para a defensa dos seus plans de actuación na sala de Consellos da sede da AMTEGA na segunda planta do edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o mércores 3 de marzo as horas que a continuación se relacionan:

  • D. Miguel Rodríguez Quelle: 13:30 horas
  • D. Joaquín Sánchez Rodríguez: 14:00 horas.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2021

O presidente do Tribunal

José Manuel Civeira Moure

 

ANEXO: PUNTUACIÓN DEFINITIVA DA 1ª FASE

Nome da convocatoria: RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Sociedade Dixital).

Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 2021 (núm. 4)

Data do listado de puntuación definitiva da 1ª fase: 26 de febreiro de 2021

Nome e apelidos DNI (*) Puntuación
Miguel Rodríguez Quelle *****622*

7.1.1. Formación: 23,1 puntos

7.1.2. Experiencia: 25 puntos

TOTAL 1ª fase: 48,10 puntos

Joaquín Sánchez Rodríguez *****185*

7.1.1. Formación: 8 puntos

7.1.2. Experiencia: 10 puntos

TOTAL 1ª fase: 18 puntos

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa normativa vixente.