Resolución do 13 de marzo de 2021 do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)
Convocado por Resolución do 28 de decembro de 2020 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Sociedade Dixital) publicado no Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 2021.
Na sesión que tivo lugar o día 13 de marzo de 2021, o Tribunal nomeado por Resolución de 10 de febreiro de 2021 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro.- Considerar que o aspirante D. Joaquín Sánchez Rodríguez superou o exercicio de acreditación do coñecemento da lingua galega considerándose polo tanto apto de conformidade coa base 7.3 da convocatoria.
Segundo.- Publicar as puntuacións totais obtidas polos aspirantes no proceso selectivo na web e no taboleiro de anuncios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia indicando o candidato seleccionado para a cobertura do posto de persoal directivo (Director de Área de Sociedade Dixital).
Terceiro.- De acordo co disposto na convocatoria, as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2021
O presidente do Tribunal
José Manuel Civeira Moure
ANEXO: PUNTUACIÓNS TOTAIS DO PROCESO SELECTIVO
Nome da convocatoria: RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Sociedade Dixital).
Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 2021 (núm. 4)
Data do listado de puntuacións totais do proceso selectivo: 13 de marzo de 2021
| Nome e apelidos | DNI (*) |
Puntuación 1ª fase |
Puntuación 2ª fase |
Acreditación lingua galega |
Puntuación Total |
| Miguel Rodríguez Quelle | *****622* |
48,10 puntos |
37,28 puntos |
Exento |
85,38 puntos |
| Joaquín Sánchez Rodríguez | *****185* |
18 puntos |
36 puntos |
Apto |
54 puntos |
Candidato seleccionado: D. Miguel Rodríguez Quelle.
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa normativa vixente.