Resolución de 5 de febreiro de 2021 pola que se aproba e publica a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital).

Resolución de 5 de febreiro de 2021 pola que se aproba e publica a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital).

En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 5 das bases da convocatoria publicada por resolución de 28 de decembro de 2020 (DOG número 4, de 8 de xaneiro de 2021), esta Dirección.

RESOLVE 

Aprobar a relación definitiva de admitidos e excluídos para a cobertura do posto de Director/a de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, segundo a relación que figura no Anexo. 

Esta resolución publicarase na web da Amtega: https://amtega.xunta.gal/ e no taboleiro de anuncios do organismo. 

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación ou recurso contencioso-administrativo perante a dita xurisdición no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. 

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021 
A Directora da Amtega 
Mar Pereira Álvarez 

 

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS 


ADMITIDOS

SOLICITANTE NIF ESTADO
JOAQUÍN SÁNCHEZ RODRÍGUEZ *****185** ADMITIDO
MIGUEL RODRÍGUEZ QUELLE *****622** ADMITIDO

EXCLUÍDOS

SOLICITANTE NIF ESTADO CAUSA EXCLUSIÓN
SERGIO POZA GARCÍA *****792** EXCLUÍDO Non achegar xunto coa solicitude copia cotexada do título universitario esixido ou certificación académica que acredite ter realizados os estudos para a obtención do título ou documento que acredite fehacientemente a posesión do título académico nos termos fixados nas bases da convocatoria.