Resolución de 28 de abril de 2021 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica).
En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 6 das bases da convocatoria publicadas por resolución do 30 de marzo de 2021 (DOG número 65, de 8 de abril de 2021), esta Dirección.
RESOLVE:
Establecer a composición do Tribunal de selección e nomear aos seus membros de acordo co que se dispón a continuación:
Presidente: Natalia Blanco Fernández, vicexerenta de Xestión Económica e Contratación da Amtega
Secretario: José Manuel Civeira Moure, xefe do departamento de Persoal da Amtega
Vogal: Adrián Lence Paz, director da área de Infraestruras e Seguridade da Amtega
Vogal: Jesús Castro Barreiro, xefe do departamento de Relacións Institucionais da Amtega
Vogal: Marta Villanueva Rodríguez, xefa do departamento Orzamentario da Amtega
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2021
A Directora da Amtega
Mar Pereira Álvarez