Resolución de 28 de abril de 2021 pola que se aproba e publica a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica).
En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 5 das bases da convocatoria publicada por resolución do 30 de marzo de 2021 (DOG número 65, de 8 de abril de 2021), esta Dirección
RESOLVE
Aprobar a relación definitiva de admitidos e excluídos para a cobertura do posto de Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, segundo a relación que figura no Anexo.
Esta resolución publicarase na web da Amtega: https://amtega.xunta.gal/ e no taboleiro de anuncios do organismo.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación ou recurso contencioso-administrativo perante a dita xurisdición no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2021
A Directora da Amtega
Mar Pereira Álvarez
ANEXO
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
ADMITIDOS
| SOLICITANTE | NIF | ESTADO |
| VICTOR COLADAS BILBAO | *****167* | ADMITIDO |