Resolución de 26 de xaneiro de 2021 pola que se aproba e publica a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital). 

Resolución de 26 de xaneiro de 2021 pola que se aproba e publica a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital). 

En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 5 das bases da convocatoria publicada por resolución de 28 de decembro de 2020 (DOG número 4, de 8 de xaneiro de 2021), esta Dirección 

RESOLVE 

Aprobar a relación provisional de admitidos e excluídos para a cobertura do posto de Director/a de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, segundo a relación que figura no Anexo. 

Contra esta resolución poderanse presentar reclamacións no prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación no enderezo web https://amtega.xunta.gal/

As reclamacións presentaranse no Rexistro da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (edificio CINC, 2º andar- Cidade da Cultura de Galicia) ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 

Neste caso deberá remitirse por fax ao seguinte número: 981 54 52 72, e antes da finalización do prazo antedito, copia da reclamación rexistrada. 

Esta resolución publicarase na web da Amtega: https://amtega.xunta.gal/ e no taboleiro de anuncios do organismo. 

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución na que figure a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas. 

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2021 
A Directora da Amtega 
Mar Pereira Álvarez

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS 

ADMITIDOS

SOLICITANTE NIF ESTADO
JOAQUÍN SÁNCHEZ RODRÍGUEZ *****185** ADMITIDO
MIGUEL RODRÍGUEZ QUELLE *****622** ADMITIDO

EXCLUÍDOS

SOLICITANTE NIF ESTADO CAUSA EXCLUSIÓN
SERGIO POZA GARCÍA *****792** EXCLUÍDO Non achegar xunto coa solicitude copia cotexada do título universitario esixido ou certificación académica que acredite ter realizados os estudos para a obtención do título ou documento que acredite fehacientemente a posesión do título académico.