Resolución de 24 de febreiro de 2022 pola que se aproba e publica a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación).
En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 5 das bases da convocatoria, publicada por resolución do 21 de xaneiro de 2022 (DOG número 23, de 3 de febreiro de 2022), esta Dirección
RESOLVE
Aprobar a relación definitiva de admitidos e excluídos para a cobertura do posto de Director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, segundo a relación que figura no Anexo.
Esta publicarase na páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia: https://amtega.xunta.gal/ e no taboleiro de anuncios do organismo.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación ou recurso contencioso-administrativo perante a dita xurisdición no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022.
A Directora da Amtega
Mar Pereira Álvarez
ANEXO
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
ADMITIDOS
| SOLICITANTE | NIF | ESTADO |
|---|---|---|
| MARÍA BOBILLO VARELA | *****795* | ADMITIDA |