Resolución de 23 de abril de 2021 pola que se aproba e publica a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica).

Resolución de 23 de abril de 2021 pola que se aproba e publica a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica).

En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 5 das bases da convocatoria publicada por resolución do 30 de marzo de 2021 (DOG número 65, de 8 de abril de 2021), esta Dirección.

RESOLVE

Aprobar a relación provisional de admitidos e excluídos para a cobertura do posto de Director/a da Área de Transformación Dixital da Facenda Autonómica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, segundo a relación que figura no Anexo.

Contra esta resolución poderanse presentar reclamacións no prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación no enderezo web https://amtega.xunta.gal/.

As reclamacións presentaranse no Rexistro da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (edificio CINC, 2º andar- Cidade da Cultura de Galicia) ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso deberá remitirse por fax ao seguinte número: 981 54 52 72, e antes da finalización do prazo antedito, copia da reclamación rexistrada.

Esta resolución publicarase na web da Amtega: https://amtega.xunta.gal/ e no taboleiro de anuncios do organismo.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución na que figure a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021 
A Directora da Amtega   
Mar Pereira Álvarez

ANEXO

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS ADMITIDOS

SOLICITANTE NIF ESTADO
VICTOR COLADAS BILBAO *****167* ADMITIDO