Resolución de 10 de febreiro de 2021 pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital).
En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o centro informático para a xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 6 das bases da convocatoria publicada por resolución de 28 de decembro de 2020 (DOG número 4, de 8 de xaneiro de 2021), esta Dirección
RESOLVE
Establecer a composición do Tribunal de selección e nomear aos seus membros de acordo co que se dispón a continuación:
Presidente: José Manuel Civeira Moure, xefe do departamento de Persoal da Amtega
Secretario: Javier Paez González, enxeñeiro de funcións facultativas da Amtega
Vogal: Jesús Castro Barreiro, xefe do departamento de Relacións Institucionais da Amtega
Vogal: Marta Villanueva Rodríguez, xefa do departamento Orzamentario da Amtega
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021
A Directora da Amtega
Mar Pereira Álvarez